As páxinas que aparecen a continuación conteñen diversos trebellos e guías que teñen a intención de simplificar, facer máis eficiente ou proporcionar funcionalidades adicionais para os wikipedistas.
Ventás emerxentes de navegación: Proporciona vistas previas de artigos e funcións emerxentes de edición ao pasar o cursor sobre as ligazóns.
Filtro de rexistros: Permite filtrar Especial:Rexistros mediante expresións regulares. Orixinalmente, estaba destinado soamente a Especial:Rexistros/rights, mais agora permite filtrar en calquera páxina que conteña <li>.
Reloxo UTC: Engade un reloxo na barra de ferramentas persoal que mostra a hora actual en formato UTC, xunto cunha ligazón para purgar a páxina.
Reloxo coa hora local: Engade un reloxo na barra de ferramentas persoal que mostra a hora local do ordenador do usuario, xunto cunha ligazón para purgar a páxina.
Mostrar os historiais e mais todas as páxinas especiais como unha lista numerada.