Galipedia
| Galipedia Wikipedia en galego |
|
|---|---|
Wikipedia, A enciclopedia libre
|
|
| Lingua: | Galego |
| Data de creación: | 8 de marzo do 2003 |
| Artigos: | 120.866 |
| Ligazón: | Wikipedia en galego |
A Galipedia é o nome co que se coñece a Wikipedia en galego. Botou a andar o 8 de marzo de 2003[1] e ten agora mesmo 120.866 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas. [2]
Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade. Existen tamén diversas páxinas de estatística, entre as que figuran Especial:Estatísticas e Wikipedia:Estatísticas.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Historia[editar | editar a fonte]
A Wikipedia en galego apareceu o 8 de marzo de 2003. Nese mesmo día, rexistrouse o usuario máis antigo, ILVI. Axiña comezou a traballar na que sería a primeira versión da Portada. E non sería até catro días despois cando creou o primeiro artigo da base de datos: ou. Logo seguiría con outras entradas como cal, ciencias experimentais, ciencias humanas, ciencias ocultas, ciencias aplicadas e botánico.
Meses despois rexistrouse Agremon e converteuse no primeiro administrador galego da Wikipedia en galego. El mesmo emprega por vez primeira o termo Galipedia para referirse amigablemente ao proxecto, que aínda contaba con menos dun ano de existencia. Aos poucos, mentres tanto, a Galipedia vai sendo citada por algunhas páxinas web de xornais e outras entidades, que se interesan polo labor realizado nela.
Características[editar | editar a fonte]
Trátase dunha enciclopedia colaborativa en lingua galega aberta ás achegas de todo o mundo, con aceptación das diversas correntes de pensamento, sempre que estas non sexan agresivas coas demais. Canto ao contido, está aberta a todos os temas, dende o deporte ou a gastronomía de cada país até as biografías dos persoeiros da física, a astronomía, a lingüística ou a Historia do Reino de Galicia, por exemplo.
Dous puntos que a separan das enciclopedias ao uso son por unha banda un crecemento desorbitado e pola outra a súa capacidade para chuchar información e adaptala de maneira practicamente inmediata. Así, por exemplo, os obituarios ou as novas consideradas transcendentes e de carácter enciclopédico, en moitas ocasións, pasan a formar parte da Galipedia en cuestión de horas ou mesmo de minutos. Así mesmo, isto é posíbel grazas ao contacto co resto de wikipedias (máis de 270), de onde se tiran traducións e modelos, entre outros.
A licenza que emprega é a chamada licenza pública xeral de GNU.
En setembro de 2011, o 31 % dos artigos da Galipedia estaban categorizados ou subcategorizados dentro da categoría Galicia.[3]
Imaxes[editar | editar a fonte]
Canto das imaxes, a Galipedia conta cun fondo propio ademais daquel común que prové Commons. Isto non sucede con todas as linguas da Wikipedia. Na actualidade hai cargados 11.066 ficheiros, a maioría deles imaxes, de forma interna. A comezos de febreiro de 2013 tiña 101 305 imaxes distintas entre todos os artigos do proxecto (244 226 contando as imaxes duplicadas), e as imaxes máis usadas, sen contar iconos, bandeiras, etc, eran Concellos_menos_poboados_de_Galiza.PNG usada 1284 veces (incluída no modelo {{Concellos de Galicia en progreso}}), e Piazza_del_Campidoglio.jpg usada 1.082 veces (incluída no modelo {{Xeografía en progreso}}).[2]
Edición[editar | editar a fonte]
O número de editores activos varía dende 2009 entre 260 e 330 aproximadamente. Destes, ao redor dunha vintena son moi activos e entre ningún e 3 son aqueles que polo xeral rebordan as 1.000 edicións mensuais. A media de creación de artigos des que se abrira o proxecto en abril de 2002 é de 8250 por ano; porén, se soamente temos en conta o último período (de 2007 a 2010, ambos os dous anos incluídos), daquela esta media aumenta até 11.400 novos artigos. Arredor dun 35% destes artigos foron creados polos 10 editores máis activos.
A categorización, tanto de artigos coma de imaxes, rolda o 100%.
Artigos de calidade[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Wikipedia:Artigos de calidade.
Galipedia conta con 34 artigos de calidade. O primeiro en adquirir esta distinción foi o o artigo Club Baloncesto Breogán, o 20 de xuño de 2010. Máis tarde pasarían a engrosar a listaxe os artigos de Castelao, Ramón Piñeiro, Lugo, Hórreo galego, Reino de Galicia, Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936, Valentín Paz-Andrade, Alzamento de Pascua, Caso do metílico, Praga, The Beatles, Lenin, Alemaña, Real Club Celta de Vigo, Prestige, Catedral de Santiago de Compostela e Tristan und Isolde.
Factor humano[editar | editar a fonte]
A Galipedia deu pé a unha comunidade de persoas colaboradoras con vencellos comúns, a pesar das múltiples diferenzas de procedencia, como a idade, a xeografía ou a ideoloxía. Así, lévanse a cabo encontros de usuarios nos que se fala da historia da Galipedia, da súa realidade presente e dos seus obxectivos futuros. Con todo, tamén existe un grupo de amizade formado ao redor da enciclopedia, que deu pé a grupos en redes sociais como Facebook[4] ou Twitter[5]. A presenza feminina é reducida entre as persoas que editan na Galipedia, problema este común ás demais wikipedias.[6][Ligazón morta]
Amais da actividade a través da rede, lévanse a cabo proxectos de difusión da Galipedia, como charlas en centros educativos ou encontros para aprender o seu manexo. Así, o 15 de xaneiro de 2011 (10º aniversario da Wikipedia), houbo unha xuntanza en Culleredo e outra en Ribadeo[7]. En setembro dese mesmo ano desenvolveuse un obradoiro na Cidade da Cultura.
No 2011, o propio 15 de xaneiro (aniversario da Wikipedia) e o 8 de marzo (aniversario da Galipedia) leváronse a cabo retos de edición para acadar novos récords. En xaneiro propúxose facer 5000 edicións nun día (das que se fixeron pouco máis de 4500) e en marzo propúxose facer 500 artigos novos nun día (creándose uns 450).
O 9 de marzo de 2013 celebrouse o 10º aniversario da Galipedia cun encontro en Santiago de Compostela que incluíu varios relatorios relacionados co coñecemento libre e o activismo cultural.
Ao longo da súa historia, a actividade da Galipedia apareceu reflectida en diversos medios de comunicación, con entrevistas a persoas usuarias na TVG[8] ou Radio Galega, e artigos en Xornal de Galicia, Vieiros ou Praza pública.
Logos conmemorativos[editar | editar a fonte]
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Historial da primeira portada da Galipedia.
- ↑ 2,0 2,1 Número de imágenes de la Galipedia (en castelán).
- ↑ categorycount tool.
- ↑ Grupo da Galipedia en Facebook.
- ↑ Perfil da Galipedia no Twitter.
- ↑ "Wikipedia busca más mujeres escritoras para sus artículos", artigo en Xornal de Galicia, 5 de febreiro de 2011.
- ↑ O día de Wikipedia.
- ↑ Capítulo 299 de Ben falado, programa da TVG.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Wikipedia
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
- Enciclopedia Galega Universal
- Enciclopedia Temática Ilustrada A Nosa Terra
- Enciclopedia temática de Galicia
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Capítulo 299 de Ben falado, programa da TVG.





