Axuda:Diff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En Wikipedia e en MediaWiki coñécese como un diff a unha páxina web, ou a súa URL, que mostra as diferenzas entre dúas versións dun mesmo artigo.

Como obter un diff[editar | editar a fonte]

Para obter un diff, vai ó historial do artigo en cuestión (pestana «Ver historial» na parte superior do artigo). No historial despréganse as últimas cincuenta edicións do artigo (podes elixir ver máis de cincuenta edicións ou ver edicións anteriores), indicando a data e hora e o autor da edición.

Pulsando a data pode verse o estado do artigo tras esa edición específica.

Na páxina de historial, antes da data hai dous botóns de selección. Na primeira columna selecciona unha edición e na segunda columna selecciona outra edición. Logo, pulsa o botón «Comparar versións seleccionadas» e obterás un diff coas diferenzas entre ambas as edicións.

Os diff son navegables. Pódese así ver os cambios da seguinte ou a anterior edición. Nótese que por medio da páxina de historial poden verse diffs de máis dunha edición á vez, pero ó navegar con «seguinte edición» e «anterior edición», obsérvase unha soa edición ó tempo.

Outra forma de obter un diff é navegando pola lista de seguimento, as páxinas de cambios recentes ou as contribucións dun usuario e, ante unha edición, pulsar a ligazón dif.

Como se mostra un diff[editar | editar a fonte]

Glwiki diff screenshot.jpg

Como crear unha ligazón a partir do diff[editar | editar a fonte]

Para crear unha ligazón co diff, unha vez que navegases até atopar a páxina de diferenzas que mostre a edición correcta, copia o URL desa páxina.

Esta verase algo así como: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Usuario%3AExemplo&diff=1700194&oldid=1700187

Para crear a ligazón, pecha o URL entre corchetes e asígnalle un texto do seguinte modo:

[http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Usuario%3AExemplo&diff=1700194&oldid=1700187 (diff)]

Isto dá como resultado a seguinte ligazón: