Galilibros é unha colección de libros que poden ser escritos por todos aqueles que queiran colaborar.
Desexamos compartir o que sabemos con outros, e gustaríanos que tamén contribuíses co teu coñecemento. Ti podes empezar un novo libro, ou mellorar outro existente. Non te preocupes moito polos erros, ti e outras persoas poderédelo arranxar no futuro.
Temos unhas poucas políticas e indicacións que debes considerar (ver wikipedia:políticas e normas. En particular, por favor, escribe textos dende unha perspectiva neutral (ver Wikipedia:Punto de vista neutral). Isto significa que os módulos e libros (Wikilibros), ata de temas controvertidos, deberían ser imparciais e non arbitrarios.
O proxecto ten como meta crear un conxunto de libros de texto, e material relacionado. Polo tanto, hai moitas cousas que non deberían incluírse (véxase O que Wikilibros non é para máis información).
Nota: Tódalas contribucións son consideradas como liberadas baixo licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0. Está licenza asegura que Wikilibros permanecerá libremente distribuído para sempre. Non inclúas traballos con copyright a menos que teñas permiso explícito do autor ou autores para distribuílo baixo CC BY-SA. Podes atopar máis información en: Wikipedia:Copyrights.