
Artigo destacado
|
Mass Effect 2 é un videoxogo de rol e acción desenvolvido por BioWare e publicado por Electronic Arts. Foi lanzado para Microsoft Windows e Xbox 360 o 26 de xaneiro de 2010, e para PlayStation 3 o 18 de xaneiro de 2011. É a secuela do orixinal Mass Effect e segunda entrega da serie homónima. O xogo ten lugar na Vía Láctea durante o século XXII, onde a humanidade atópase ameazada por unha especie con forma de insecto coñecida coma Collectors.
O xogador toma o papel do Comandante Shepard, un soldado de elite humano que debe xuntar un equipo e gañarse a súa lealdade para derrotar ao inimigo nunha misión suicida. Foi un éxito comercial e tivo unha boa recepción por parte dos medios especializados, acadando unha puntuación de 96 sobre 100 no agregador web Metacritic. O videoxogo recibiu numerosos premios, incluíndo o premio ao Xogo do Ano da 14ª edición anual dos premios da Academy of Interactive Arts & Sciences, e o premio ao Mellor Xogo nos BAFTA de 2011.
|

Sobre Galicia
|
Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e mais polo seu compromiso político. O 19 de abril de 1970 ano foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.
Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003, a proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso "A Terra Chá: poesía e paisaxe". Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía. Dedícaselle o Día das Letras Galegas de 2016.
|

Tal día como hoxe no ano...
|
|
|
|
|

Imaxe da semana
|
|
|

Presentación
|
|
|

Participación
|
|
|

Comunidade
|
De acordo as nosas estatísticas, temos un total de 68 057 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 308 estiveron activas durante o último mes. Todos os editores da Wikipedia son voluntarios, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|