O can de palleiro é unha raza de can de tamaño medio orixinaria de Galicia. Tradicionalmente, era o can por antonomasia do agro galego e a súa función era a de can pastor e tamén de garda, mais hoxe en día hai exemplares adicados a distintas funcións, como axuda a discapacitados, cans de terapias, cans de salvamento ou en competicións deportivas como o canicross e o agility. É unha das catro razas de cans autóctonas de Galicia, xunto co guicho, o perdigueiro e o podengo galego.
Estivo a piques de desaparecer por mor dos cruzamentos con outras razas. O seu proceso de recuperación comezou na década de 2000, e en decembro de 2017 había 1 275 exemplares inscritos no libro xenealóxico do Club da Raza Can de Palleiro.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 97 109 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 455 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.