Ambas as aves eran enviadas á alba a recoller información e regresaban pola tarde. Pousábanse nos ombreiros do deus e rumoreaban todas as noticias. O nome Hugin provén do nórdico antigoHuginn e significa "pensamento", mentres que Munin significaría en nórdico antigo "memoria" ou "mente".
Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos. Como escritor deixou ensaios sobre arte, economía, historia, ademais de poesía e teatro. Usou os pseudónimosCego Zago, Ollarnovo, S.F. Ollarnovo, Xoán Mazaricos, Santiago Fernández e Xalo.
2002, en Senegal o sobrecargado transbordador Joola afunde ante a costa de Gambia, producindo a morte de máis de 950 persoas, entre elas cinco españois.
Hoxe é o Día Internacional da Xordeira e o Día Europeo das Linguas
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 158 227 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 376 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.